The project is reaching its end as the academical year will soon finish so we decided to organise a saftas day and closing ceremony.
Most students and parents from the project were at the ceremony. We also had some teachers and representatives from the City council.
The students performed the play THE CHOICE, written and translated by students and with which we competed in France at the final festival. After that, guided by the master of ceremony Raquel Paredes and Luzmar Cordeiro reviewed the most outstanding audiovisual pieces of work.
O pasado venres 15 celebramos o Acto de Clausura do proxecto SAFTAS Erasmus+ do IES AS BARXAS. Nesta ocasión contamos coa presenza maioría dos alumnos que formaron parte do proxecto ó longo deste tres anos, algúns xa na universidade, pais e profesores implicados no proxecto.
O acto ó que tamén acudiron os representantes do concello,María Freire,Tenente alcaldesa; Aldán Santamaría, Concelleiro de Ensino;e Marta Ortega Concelleira de Muller e Igualdade, quixo ser unha xornada de difusión do traballo realizado. Comezamos coa presentación da obra de teatro THE CHOICE (A escolla), escrita e posta en escea polos alumnos e coa que competimos en Francia no festival final SAFTAS.
Para de seguido, guiados polas maestras de ceremonias Raquel Paredes e Luzmar Cordeiro, facer un repaso ós traballos audiovisuais máis salientables.
Entre as pezas mostradas destacamos varios traballos musicais, que nalgún caso serviron de bandas sonora, os vídeo sobre a inclusión ou a curtametraxe “Conexións” ambas varias veces galardonadas. Toda a producción audiovisual contou coa coordinación do profesor Seso Durán, referente no audiovisual no centro e peza fundamental no proxecto. Tivemos a sorte tamén de contar esa noite co actor principal da curta, David Middleton, que recibiu emocionado un agasallo por parte da organización, ó igual que outros colaboradores no proxecto.
A pesar de que o proxecto remata, os vínculos e relacións creadas nas distintas mobilidades permanecerán, tal e como nos contaron varías alumnas que viaxarán a Grecia este verán, outros recibiran a compañeiros franceses.
Cumprimos así un dos obxectivos dos proxecto: mellorar a mobilidade en Europa para que os alumnos teñan máis oportunidades de de cara ó mercado laboral. O proxecto tamén serviu para cumplir outros obxectivos como a mellora das competencias lingüísticas en lingua inglésa, das competencias dixitais, o recoñecemento da diversidade cultural en Europa, incremento da tolerancia ou da creatividade.
Comments are closed.