XXII Premios de Teatro María Casares. Galician Theatre awards 2018

Theater Spain

Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores e gañadoras.

Así que aquí quedan algunhas suxestións para ir a ver en canto poidades.

As obras ‘Elisa e Marcela’, de A Panadaría; ‘A cabeza do dragón’, de Producións Teatráis Excéntricas; e ‘Resaca’, de ilMaquinario Teatro, levan catro galardóns cada unha. Pola súa banda, ‘Outono’, de Pista Catro, e ‘A galiña azul’, de Tanxarina, levan cadanseu premio.

A gala estivo interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Marta Lado, Diego Rey, Rubén Prieto, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Dani Trillo, quen tamén se encargou do deseño da escenografía.

http://aaag.gal/novas/293/ganadoras-maria-casares-2018

Related Images:

Comments are closed.